Fai medrar a túa empresa
xunto ao RC Deportivo
Forma parte do Dépor Business Club, a comunidade empresarial que reúne ás compañías máis relevantes da nosa cidade. Goza de eventos exclusivos e aproveita o potencial do Club para xerar sinerxías, fortalecer relacións e aumentar a visibilidade e o valor da túa marca.
O impulso empresarial
do espírito deportivo
O Dépor Business Club nace cun propósito claro: ser o punto de encontro onde as empresas da nosa cidade crean conexións, xeran oportunidades e medran xunto ao RC Deportivo.
Esta alianza ofrece visibilidade, prestixio e confianza, reforzando a imaxe de marca das compañías que forman parte do Club e posicionándoas fronte aos seus competidores.
A través de eventos exclusivos, experiencias únicas e o espírito dun Club histórico, as empresas participantes fortalecen a súa rede de contactos, compartindo os mesmos valores: compromiso, esforzo e paixón.
EVENTOS
25/26
Encontro RSG Business Club e RC Deportivo Business Club en ABANCA-RIAZOR
O RC Deportivo Business Club e o RSG Business Club únense nun encontro durante a xornada 4 Dépor-Sporting de Xixón no estadio ABANCA-RIAZOR.
Preto de 40 empresas de ambos clubs e máis de 60 empresarios participaron no encontro. Todos eles gozaron dun breve percorrido polo estadio, ademais dunha dinámica de presentacións entre empresas de ambas entidades.
Showcooking en Árbore da Veira
O RC Deportivo Business Club quixo despedir o ano por todo o alto facendo para os seus membros unha actividade de Showcooking no restaurante Árbore da Veira.
A xornada congregou a trinta empresarios de diferentes entidades vinculadas ao Club que puideron gozar dunha tarde-noite de leccións de cociña da man do Chef Luis Veira.
VANTAXES EXCLUSIVAS
Eventos Exclusivos
Participa en encontros deseñados especificamente para xerar oportunidades de negocio entre empresas do máis alto nivel.
Visibilidade Empresarial
Aumenta o recoñecemento da túa marca asociándoa cos valores do RC Deportivo e a súa comunidade empresarial.
Experiencias VIP
Goza de accesos exclusivos, palcos VIP e experiencias únicas que só o Business Club pode ofrecer.
Sinerxías Estratéxicas
Crea alianzas duradeiras con empresas que comparten a túa visión de crecemento e excelencia empresarial.
MEMBRESÍAS
Detalle de beneficios por categoría
DESCARGA O DOSSIER 25/26
Coñece todas as vantaxes e oportunidades que o Dépor Business Club ten para a túa empresa
A túa guía completa do Business Club
Neste dossier atoparás toda a información sobre membresías, beneficios exclusivos e como formar parte da nosa comunidade empresarial.
- Detalle de todas as membresías
- Beneficios e vantaxes exclusivas
- Información de contacto e próximos pasos
GALERÍA
Súmate ao
Business Club
Déixanos os teus datos e o noso equipo porase en contacto contigo para explicarte como a túa marca pode formar parte do noso club de empresas.
Comeza a xerar valor e visibilidade hoxe mesmo!